viernes, 17 de enero de 2014

A RIFA DA FUNDACIÓN VIDE NÚMERO 11.067 FOI A GAÑADORA DA VIAXE AO CARIBE PARA DÚAS PERSOAS

.

O pasado mércores día 15 de xaneiro do 2014 celebrouse o sorteo da viaxe ao Caribe para dúas persoas grazas ao apoio de Viaxes Eroski, un dos máis importantes apoios da Fundación VIDE.

.

Como xa é tradicional, o sorteo realizouse nas instalacións da Fundación VIDE en presenza do presidente e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e da responsable vacacional de Viaxes Eroski, Patricia Bernardos..

.

A rifa gañadora da viaxe foi a número 11.067, vendida polo Club Ciclista Vigués. A continuación foron retirados os tres números de reserva, por se houbese renuncia do gañador ou gañadora. A primeira das rifas reserva foi a número 00.912, o segundo número reserva foi o 20.294 e o terceiro número de reserva foi o 01.188.

 

Para o presidente de VIDE, esta iniciativa xa é de suma importancia, porque demostrou que con imaxinación e grazas ao traballo en común de clubs, empresas privadas e Fundación pódense conseguir recursos atípicos.