(Un momento da Presentación do 6º Torneo 3x3 no Concello de Vigo)
.
Unha representación da Xunta Directiva e dos xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentoulle ao rexedor, nun encontro no Concello de Vigo, a sexta das edicións do campionato de baloncesto 3x3 que se celebrará os días 19 e 20 de agosto do 2016. Abel Caballero trasladoulles o apoio municipal ao "seu esforzo polo baloncesto de base en Vigo".
.
O alcalde recibiu o pasado luns 8 de agosto do 2016 a unha representación da xunta directiva e do cadro de xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal entre os que se encontraban xogadores do novo equipo de Liga EBA, que lle presentaron a sexta edición do torneo 3x3 Seis do Nadal que organizan os días 19 e 20 de agosto nas instalacións do centro educativo.
.
O evento contará, unha vez máis, co apoio municipal ao ser unha "cita significativa" e o club seguirá contando co respaldo do Concello "polo seu esforzo polo baloncesto de base".
..
Abel Caballero departiu coas xogadoras e xogadores e tamén saudou ao vigués Manu Ferreiro, nacido en 1990 e que xogará en Marín na LEB Ouro. Manu Ferreiro será o padriño da nova edición do torneo 3x3 dirixido a todas as categorías e estivo acompañando á entidade en todo momento.
..
(Abel Caballero recoñecendo a labor do Seis do Nadal - Coia)
..
A inscrición para partcipar no campionato segue aberta ata o próximo luns 15 de agosto do 2016 e os premios para cada categoría seguen medrando grazas as variadas e diferentes colaboracións de diversas entidades co torneo. Ademais esta nova edición será puntuable para o I Circuito Galego de 3x3 e para o FIBA Planet.