viernes, 16 de septiembre de 2016

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ NA LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA

.

(O equipo Infantil Masculino "A" clasificado para a Liga 1ª División)

..

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Silvia Caíño e Óscar Álvarez, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga 1ª División Infantil Masculina da presente tempada.

.

O conxunto do Seis do Nadal Coia xogou na Fase Previa de Clasificación ante o C. Salesianos GLP Abogados (Vigo). No partido de ida disputado no pavillón de Navia o Seis do Nadal Coia conseguía unha ampla vantaxe rematando o partido cun marcador de 68-45. O encontro de volta, tamén disputado no polideportivo de Navia, rematou con vitoria para o noso equipo certificando así a súa clasificación para a Primeira División.

 

O Infantil Masculino "A" da entidade súmase desta forma ao Infantil Feminino "A" e ao Júnior Feminino "A", equipos que xa tiñan garantizada unha praza nas Ligas de 1ª División desde a pasada tempada 2015/2016.