jueves, 6 de octubre de 2016

GRANDES SORTEOS E REGALOS PARA O PRIMEIRO PARTIDO DO SEIS DO NADAL - COIA NA LIGA EBA

..

E por fin chegou o momento. O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará o seu primeiro partido oficial na Liga EBA da súa historia. Será o próximo domingo día 9 de outubro do 2016 ás 19:15 horas no pavillón de Navia ante o equipo de Gijón Básket.

..

E durante este primeiro partido haberá grandes sorteos para celebrar o debut do noso combinado na Liga EBA. Servinauta, empresa de servizos náuticos en Sanxenxo, colaborará co Club Baloncesto Seis do Nadal e sorteará durante o partido un paseo en velero pola ría de Pontevedra para seis persoas.

..

 

A Clínica Dental Romeo tamén colaborará co club e súmase ao partido do domingo día 9 sorteando dous cheques regalo consistentes nunha profilaxis, unha revisión bucal e unha panorámica ademáis de dous quits de viaxe.

..

 

E por último Domino´s Pizza regalará cento vinte racións de pizza aos cen primeiros asistentes ao partido que se disputará o próximo domingo no pavillón de Navia.

..

..

XOGA CON NÓS NA LIGA EBA!