jueves, 10 de noviembre de 2016

MOITAS GRAZAS AO GRUPO DE XIMNASIA RÍTMICA DO SEIS DO NADAL POR XOGAR CON NÓS NA LIGA EBA!

(Exhibición do grupo de Ximnasia Rítmica no descanso do EBA)

.

O grupo de Ximnasia Rítmica do CEIP Seis do Nadal vistiou ao Club Baloncesto Seis do Nadal e realizou unha exhibición durante o descanso do partido do equipo Sénior Masculino de Liga EBA disputado no pavillón de Navia o pasado sábado día 5 de novembro do 2016 ás 18:30 horas ante o Residencia Las Encinas CDP de Ponferrada.

 

O grupo de Ximnasia Rítmica do colexio de Coia, encabezado por Carmela Castro, realizou unha excelente exhibición con cintas durante o descanso da quinta xornada da Liga EBA da presente tempada 2016/2017, primeira tempada na historia que a entidade viguesa participa nesta competición.

.

 

 

(Máis fotografías de Pury Lago durante a exhibición)

 

GRAZAS POR XOGAR

CON NÓS NA LIGA EBA!