lunes, 13 de marzo de 2017

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL ESTIVO PRESENTE NO ACTO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

.

(Xogadores e xogadoras do club no acto celebrado no Auditorio Mar de Vigo)

.

O pasado mércores día 8 de marzo do 2017 o Concello de Vigo organizou no hall do Auditorio Mar de Vigo unha gala vinculada aos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. Convocados baixo o lema "A igualdade dá xogo" uns oitocentos deportistas da cidade se deron cita no acto para amosar que o deporte é unha das mellores ferramentas para transmitir valores como a igualdade de oportunidades.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistiu cunha gran representación de xogadores, xogadoras e técnicos de tódalas categorías, desde benxamín ata sénior, sendo un dos clubs que acudiu con maior número de deportistas.

.

(Iira Lago, lendo o manifesto no Día Internacional da Muller)

 

Unha das doce representantes das entidades viguesas que se repartiron a tarefa de ler o manifesto do acto, no que se esixía a igualdade de oportunidades e dereitos para as mulleres, foi Iria Lago, xogadora preinfantil do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.