jueves, 27 de abril de 2017

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O 17º TORNEO DE MINIBÁSQUET DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2016/17 a 17ª Edición do Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2017, unha cita anual da nosa entidade coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 7 de maio do 2017.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo sétima edición, reunirá nos próximos días 1 e 7 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, xuntando a máis de 300 xogadores e xogadoras e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. O luns día 1 de maio terá lugar a competición de categoría masculina, sendo o domingo día 7 de maio o torneo para os equipos de categoría feminina.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Seis do Nadal - Coia (Vigo) e o Agustinos Eras (León), campións feminino e masculino da pasada edición.

.

Proximamente poderán consultarse nesta mesma páxina web os grupos de cada categoría, os calendarios de xogo e toda a información referente co 17º Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2017.