domingo, 4 de junio de 2017

O JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB CAMPIÓN DA LIGA 2ª DIVISIÓN E ASCENDIDO Á LIGA 1ª DIVISIÓN

(O Júnior Masculino "A" co trofeo de campión da Segunda División)

..

JÚNIOR MASCULINO "A"

TEMPADA 2016/2017

 

CAMPIÓN LIGA 2ª DIVISIÓN

 

ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN

..

O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Fernando María Pérez e Andrés Araya, proclamouse campión da Liga 2ª División Júnior Maculina da presente tempada 2016/17 conseguindo o ascenso á Liga 1ª División Júnior Masculina da próxima tempada 2017/18.

 

O noso conxunto rematou na primeira posición do Grupo Sur da Fase de Ascenso á Liga Primeira División, posición que lle outorgaba unha praza na final e que lle aseguraba o ascenso á Primeira División Júnior Masculina. A final da Liga 2ª División Júnior Masculina disputouse ante o primeiro dos clasificados do Grupo Norte da Fase de Ascenso, o Compañia de María de Santiago de Compostela. O noso equipo superou ao conxunto santiagués cun 47-50.

.

(O Júnior Masculino "A" despois de conseguir o ascenso a Primeira)