sábado, 24 de junio de 2017

ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN PARA O 18º CAMPUS DE VERÁN 2017 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

.

Durante a semana do 3 ao 8 de xullo do 2017 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o 18º Campus de Verán "Xornadas de Tecnificación" organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

.

Este campus ofrecerá unha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións.

.

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña.

 

.

(Fotografías das anteriores edicións do Campus de Verán do Seis do Nadal)

 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2010) ata júnior (nados no ano 1999).

 

O prezo deste campus é de 60 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 50 euros. Haberá un suplemento de 10 euros para os inscritos na hora matinal sempre e cando haxa un mínimo de inscritos.

 

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2017 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do xoves día 29 de xuño ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com.