miércoles, 2 de agosto de 2017

PABLO TRESANDÍ, XOGADOR DO CLUB, CONVOCADO COA SELECCIÓN ESPAÑOLA U12 MASCULINA

(Pablo Tresandí, xogador do club, coa Selección Española U12)

.

Pablo Tresandí, xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, foi convocado coa Selección Española U12 Masculina para a Operación Talento que se está a desenvolver en Íscar (Valladolid) desde o pasado día 31 de xullo ata o próximo 4 de agosto do 2017.

.

Pablo Tresandí, xogador do club, formará parte dun grupo de trinta xogadores de toda a xeografía nacional e nados no ano 2005 que adestrarán ao longo dos cinco días de concentración integrando a Selección Española U12 Masculina.

.

Desde tódalas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos desexarlle moitísima sorte a Pablo Tresandí e darlle a noraboa pola convocatoria coa Selección Española U12 Mascuina, feito que non fai máis que reforzar o traballo realizado pola nosa entidade tempada tras tempada.