martes, 28 de noviembre de 2017

A CLÍNCA DENTAL ROMEO REPITE CO SEIS DO NADAL - COIA E SEGUIRÁ COLABORANDO NESTE CURSO

(De esquera a dereita durante a renovación: Sergio González, Director Deportivo do club; Óscar González; Director Xerente da Clínica Dental Romeo; Ramón Román, directivo do club; e Álvaro Rodríguez, adestrador da entidade)

.

A Clínica Dental Romeo colaborará unha tempada máis co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, repetindo desta forma a súa colaboración do pasado curso e cumplindo así a súa segunda campaña apoiando ao club vigués.

 

A xa pasada semana membros da Xunta Directiva e da Área Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as novas instalacións da Clínica Dental Romeo, situada na Carretera de Camposancos nº152, para renovar xunto a Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo, o novo acordo de colaboración para a presente tempada 2017/2018. 

 

(Membros do club coñecendo as instalacións xunto a Óscar González)

.

Durante a renovación do acordo de colaboración, os membros do Club Baloncesto Seis do Nadal coñeceron as instalacións da Clínica Dental Romeo das máns do seu xerente, Óscar González. Centráronse na zona de odontopediatría, unha das especialidades da odontoloxía cunha importante atención a pacientes desde os tres meses ata os 13 anos, e que ten gran importancia para a Clínica Dental Romeo.

 

(Visita a un dos gabinetes de odontopediatría da Clínica Dental Romeo)

 

Un dos puntos da renovación da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "A" do club, que compite actualmente na Liga 2ª División Cadete Masculina, levará o nome de Clínica Dental Romeo Seis do Nadal para o que resta de tempada.