lunes, 7 de mayo de 2018

O CAMPUS DE VERÁN 2018 DO SEIS DO NADAL - COIA XA TEN DATA: DO 2 AO 7 DE XULLO DO 2018. INSCRÍBETE!

.

Durante a semana do 2 ao 7 de xullo do 2018 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Verán 2018 organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

.

Este campus ofrecerá unha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións.

.

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña.

 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2011) ata júnior (nados no ano 2000).

 

O prezo deste campus é de 60 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 50 euros. Haberá a posibilidade gratutia de inscrición na hora matinal de 9:00 a 10:00 horas da mañá.

 

As prazas dispoñibles para o Campus de Verán son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso realizado). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do xoves día 28 de xuño do 2018, ao email areadeportiva@seisdonadalcoia.com.